julio 27, 2026

Luis Menor considera que la postura de Jácome respecto a la Praza de Abastos es totalmente incongruente

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor (Pereiro de Aguiar, 1964), despide o 2025 nos micrófonos do Café de Redacción. Menor realiza un balance dun ano de contrastes, marcado pola traxedia dos incendios forestais do verán, pero tamén pola estabilidade institucional que permitiu aprobar uns orzamentos récord para o próximo ano.

Retos pendentes e obxectivos para o futuro

Na conversa, abórdase sen rodeos os grandes retos pendentes de Ourense, como o necesario desbloqueo da Praza de Abastos ou a implantación do transporte metropolitano. O presidente provincial mantén a esperanza de acordo a pesar das discrepancias económicas e de prazos co goberno local. Ao mirar cara ao 2026, un ano sen citas electorais, Menor establece como obxectivos prioritarios a consolidación do solo industrial en San Cibrao, o impulso definitivo á Ribeira Sacra e a recuperación das frecuencias do AVE, todo isto mentres lidera unha estratexia de “actualización” orgánica do Partido Popular para recuperar a hexemonía na provincia.

Pregunta.Pechamos un ano complexo para a provincia de Ourense. Que balance fai o presidente da Deputación deste 2025?

Resposta.Creo que é un balance positivo, pero indubidablemente todo vén marcado por ese episodio tan importante e dramático que foron os incendios. Iso foi un acontecemento dunha magnitude tal que condiciona o balance. No resto dos parámetros que podemos manexar, a valoración é positiva.

Incendios e prevención

P.Vostede recoñeceu que a devastación dos lumes deste verán marcouno “para sempre”. Que se pode mellorar neste sentido?

R.Hai varias cuestións. A prevención é de importancia capital, pero tampouco podemos levala a extremos máximos; ter os montes completamente limpos en toda a provincia é un obxectivo imposible, nin nesta provincia nin en ningunha, pero aquí máis polo clima e a masa forestal. Outra cousa moi diferente, onde temos que incidir sen volta atrás, é na protección de vivendas, pobos, vidas e negocios. Aí si hai que dar unha volta de porca importante.

Leer:  El primer Plan de Vivienda de la Diputación beneficia a 14 concellos de Ourense

R.Como director de Emerxencias no 2017, vin como naceu a planificación das faixas secundarias. Nesta ocasión, aínda que non estivesen perfectas, axudaron a que o balance en termos de perdas de vidas fose cero, a pesar de ter máis de 100.000 hectáreas ardidas. A prevención é necesaria en primeiro lugar para salvar o máis importante, as persoas, pero non podemos pensar que os montes van ser xardíns.

Relación co Concello e futuro do transporte

P.Outro tema clave para o futuro de Ourense é o transporte metropolitano. Como está a situación?

R.É un problema complexo onde entran en xogo o Concello de Ourense, os concellos limítrofes, as empresas concesionarias e a Xunta. Ten que haber unha vontade clara de que o transporte urbano de Ourense vaia máis alá do seu termo municipal. Por exemplo, no Polígono de San Cibrao o bus chega ás portas; non pasaría nada se entrase un ou dous quilómetros e solventase a mobilidade dos traballadores.

R.Fixéronse varias reunións e avanzouse en liñas lóxicas para unha primeira fase. O último que se nos pasou dende o Concello de Ourense foi un custo “a tanto alzado”, sen desglosar, que non podemos admitir porque non sabemos a que obedece. Como o Concello está en proceso de adxudicación do transporte, imaxino que agora poderemos desbloquealo e discutir sobre o custo real. Sería un enorme avance.

Noticias relacionadas