julio 27, 2026

Manuel Pardo supervisa en Valdeorras las actuaciones de la Xunta para mitigar las consecuencias de la ola de incendios

Ourense, 22 de novembro de 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá á comarca de Valdeorras para participar na xornada de voluntariado ambiental ‘Protección dos solos afectados polos incendios nos montes de Vilamartín de Valdeorras’. Esta iniciativa, promovida pola Afundación, conta coa colaboración do Goberno galego e do concello de Vilamartín de Valdeorras.

Na parroquia de San Vicente, concretamente no lugar de Abelaído, o delegado territorial, acompañado do alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez, reiterou a prioridade da Xunta por unha restauración urxente e rápida. “Sabemos que as consecuencias foron graves, tanto no económico como no emocional, e o noso compromiso é estar á beira daqueles que sosteñen o tecido produtivo dos nosos pobos”, destacou Manuel Pardo. O delegado subliñou que “a agricultura e a gandería son esenciais para manter vivos os nosos pobos, xerar emprego e coidar o territorio. Protexelas é protexer a vida no medio rural e garantir o futuro de todos. Sen persoas no mundo rural non hai xestión do territorio”, sentenciou.

Accións de voluntariado para a recuperación ambiental

Manuel Pardo explicou que o obxectivo da actividade na que hoxe están a participar é controlar a erosión para evitar a perda de solo e a súa chegada ao río Leira, que é un punto de abastecemento de auga do concello. O traballo consiste na realización de acolchado (mulching), que implica o reparto de palla por toda a superficie para evitar a erosión, a perda de solo e a chegada das cinzas á mina de auga.

“Actividades como a que hoxe estamos a desenvolver son unha oportunidade para contribuír directamente á recuperación do patrimonio natural galego, ao tempo que se fomenta o espírito solidario e o compromiso ambiental”, subliñou o delegado territorial. Ademais, destacou a acción de voluntariado organizada pola Xunta, que busca ofrecer unha resposta rápida a problemas ocasionados polos incendios forestais, como os problemas hidrolóxicos, de erosión e de contaminación dos solos, así como as necesidades de alimentación da fauna silvestre supervivente.

Leer:  Policía en el ojo del huracán tras empujar a manifestante en Valencia

Convenios e axudas para os concellos afectados

Manuel Pardo visitou posteriormente o concello de Rubiá, onde, acompañado do alcalde Elías Rodríguez, comprobou unha das intervencións desenvolvidas pola Xunta para salvagardar as captacións de auga do municipio. Neste contexto, recordou que a Xunta asinou convenios cos concellos da comarca por un importe superior a 1,6 millóns de euros para paliar os danos en bens municipais e os gastos derivados das actuacións para facer fronte ao lume. As entidades locais beneficiarias inclúen O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.

Estas axudas están destinadas a cubrir gastos de reparación, mantemento ou reposición de infraestruturas, así como a adquisición de material para a reposición dos servizos afectados. Ademais, financian os custos de limpeza e restauración ambiental, así como os gastos de traslado, aloxamento e mantemento da poboación evacuada e do persoal de extinción.

Inversións e axudas na comarca de Valdeorras

Manuel Pardo sinalou que o Executivo autonómico xa concedeu 34 axudas a propietarios de vivendas afectadas pola vaga de incendios forestais, cun importe superior a 2,2 millóns de euros na comarca de Valdeorras. Destas, 30 corresponden a inmobles situados en Vilamartín de Valdeorras, 3 en Petín e unha en Larouco.

Durante a visita, o delegado territorial anunciou que a Consellería do Medio Rural investirá na provincia de Ourense máis de 1,9 millóns de euros na mellora de infraestruturas viarias, na restauración hidrolóxica e na eliminación da madeira queimada, destinando 600.000 euros á comarca de Valdeorras. Ademais, resaltou a achega de máis de 400.000 euros a 19 comunidades de montes da contorna para paliar os danos desta vaga de lumes.

Por último, Manuel Pardo mencionou os máis de 1,5 millóns de kg de herba seca que a Xunta puxo á disposición dos gandeiros da provincia de Ourense para garantir a alimentación do gando nas explotacións afectadas polos incendios forestais.

Leer:  Greenfiber desafía el archivo del proyecto de Altri en Palas de Rei con nuevas alegaciones

Noticias relacionadas