julio 27, 2026

Rueda destaca la labor de las comunidades gallegas en el exterior como las mejores embajadoras del sello Galicia Calidade en la diáspora

Zúrich (Suíza), 14 de marzo de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o labor das asociacións galegas no exterior como as mellores embaixadoras desa Galicia Calidade que acolle, difunde e protexe a nosa lingua, tradicións e cultura, e que segue inspirando ás novas xeracións.

Rueda fixo estas declaracións durante a súa participación no encontro coa colectividade de Zúrich-Galicia Calidade, organizado coa colaboración da asociación cultural e recreativa As Xeitosiñas, coincidindo co 45 aniversario da entidade. No acto, ao que tamén asistiu o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, Rueda asegurou que Galicia non se entende sen os milleiros de homes e mulleres que marcharon na procura de oportunidades e fixeron país tamén desde fóra.

O papel das asociacións galegas

Neste sentido, o titular do Goberno galego puxo en valor o papel fundamental que desempeñan os 13 centros recoñecidos no Rexistro da Galeguidade na Suíza para proxectar a imaxe de Galicia como sinónimo de excelencia e rigor nunha terra que se converteu nun segundo fogar para miles de familias galegas, conformando actualmente unha comunidade de máis de 41.000 persoas.

Alfonso Rueda aproveitou o encontro para reafirmar o seu apoio á colectividade na garantía dos seus dereitos, e impulsa medidas para todos aqueles que deciden regresar como a Estratexia Galicia Retorna, que ofrece oportunidades tanto para quen volve cun emprego por conta allea como para quen aposta polo emprendemento.

Iniciativas para a mocidade

Ademais, co ánimo de seguir fomentando os lazos entre xeracións, o Goberno galego conta coas Bolsas BEME para a mocidade —con prazo aberto actualmente para cursar estudos de máster nunha universidade pública galega—, e porá en marcha proximamente Aventúrate con Galicia, que permitirá que rapaces e rapazas do exterior, de entre 10 e 17 anos, participen nos campamentos de verán da Xunta, asegurando así que o vínculo coa terra se manteña vivo dende a infancia.

Leer:  El nuevo sistema de control de bajas laborales aumentará el plus de productividad de los médicos del Sergas en 2026

Este programa súmase a outros destinados tamén a este colectivo como Conecta con Galicia no Camiño e Conecta co Voluntariado en Galicia.

Programas para maiores

Así mesmo, as persoas maiores de 65 anos pensionistas en Europa tamén poderán gozar dunha estadía na comunidade no marco do programa Reencontros con Galicia que, tras anos centrado na colectividade residente en América, ábrese agora tamén aos galegos e galegas de Europa.

Na xornada de hoxe, o presidente da Xunta tamén mantivo un encontro co cónsul xeral de España en Zúrich, Francisco José Rabena, así como con representantes doutras entidades galegas na Suíza como o Centro Gallego de Lucerna, o Centro Gallego de Zug A Nosa Terra, e o Centro Español Apóstol Santiago-Liechtenstein.

Noticias relacionadas