julio 27, 2026

O seguimento na quenda de mañá deste martes da folga médica acada o 23,77 % en atención hospitalaria e o 4,79 % en atención primaria

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2026

O seguimento da folga de médicos na quenda de mañá deste martes acadou o 23,77 % en atención hospitalaria e o 4,79 % en atención primaria. No conxunto dos dous niveis asistenciais, a folga tivo un seguimento do 18,65 %.

Conflito Nacional e Atención Primaria

Na xornada deste martes conflúen a folga médica convocada a nivel nacional contra o Estatuto Marco promovido polo Goberno central e a folga de atención primaria. A porcentaxe de participación nos sete grandes hospitais do Servizo Galego de Saúde, na quenda de mañá, acadou o 24,65 %. En canto aos hospitais comarcais, o seguimento foi do 14,45 %.

Por centros hospitalarios, o paro foi secundado polo 23,42 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; o 21,58 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela; o 17,94 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol; o 23,9 % no caso do Hospital Universitario Lucus Augusti; o 23,97 % no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense; o 24,46 % no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra; e o 32,15 % no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Seguimento en Hospitales Comarcais

No caso dos hospitais comarcais, o seguimento acadou o 8 % no Hospital Público de Cee; o 14,71 % no Hospital Público de Barbanza; o 13,45 % no Hospital Público da Mariña; o 14,47 % no Hospital Público de Monforte de Lemos; o 11,48 % no Hospital Público do Barco de Valdeorras; o 11,48 % no Hospital Público de Verín; e o 23,81 % no Hospital do Salnés.

En canto ao seguimento en atención primaria na quenda de mañá, por áreas sanitarias, foi o seguinte: área sanitaria da Coruña e Cee, 3,99 %; área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, 5,85 %; área sanitaria de Ferrol, 3,91 %; área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, 2,42 %; área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 1,81 %; área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, 8,74 %; e área sanitaria de Vigo, do 6,72 %.

Leer:  Rueda asiste a la celebración de la XLIII Festa da Filloa de Lestedo

Entidades Sanitarias e Servizos Mínimos

Pola súa banda, en entidades sanitarias como son a Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), a empresa pública de servizos sanitarios Galaria e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o seguimento na quenda de mañá acadou o 2,38 %.

O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.

Noticias relacionadas