julio 27, 2026

Lete Lasa destaca el liderazgo de Recalvi no solo en el patrocinio deportivo sino también en el asfalto

Vigo, 28 de novembro de 2025

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no serán de hoxe da Gala de Campións 2025 do Recalvi Team. Alí, o mandatario galego destacou a gran traxectoria da empresa, fundada en Vigo no ano 1984 por Chema Rodríguez e que foi medrando pouco a pouco ata converterse nun referente autonómico, nacional e internacional no mundo do automóbil. Do mesmo xeito, remarcou a gran relevancia do seu traballo como un dos máis importantes patrocinadores deportivos, destacando a súa presenza no panorama continental a través de disciplinas como o fútbol, o baloncesto ou, sobre todo, o motor. Así, lembrou como a Xunta de Galicia lle concedeu o premio Deporte Galego ao mellor patrocinio deportivo entre os anos 2019 e 2022.

Unha tempada histórica para o automobilismo galego

No que atinxe á competición deportiva, Lete Lasa enxalzou a de 2025 como unha tempada histórica na que os pilotos de Recalvi amosaron un estado de forma inmellorable. Por unha banda destacou o Campionato de España de Rallys de Asfalto conquistado polos galegos Jorge Cagiao e o seu copiloto, Javier Martínez. Pola outra, subliñou o histórico dobrete do Supercampionato de España de Rallys, co asturiano Cohete Suárez como campión e o galego Javier Pardo como subcampión.

O secretario xeral para o Deporte aplaudiu estes resultados e destacou o seu valor para que o automobilismo galego siga a medrar para manter o liderado nacional, como demostran os 77 clubs en Galicia ou as 1.700 licenzas deportivas.

A relevancia do patrocinio no deporte

O papel de Recalvi como patrocinador non só se limita ao ámbito do automóbil, senón que tamén se estende a outras disciplinas deportivas, consolidándose como un pilar fundamental no apoio ao deporte en Galicia. A súa contribución permite que moitos atletas e equipos poidan competir a un alto nivel, o que repercute positivamente na promoción do deporte galego.

Leer:  Cadáver encontrado en la piscina de una vivienda en Redondela

Este tipo de colaboracións son vitais para o desenvolvemento e a visibilidade do deporte na comunidade, e a Xunta de Galicia continúa a apoiar iniciativas que fomenten o patrocinio e a inversión no ámbito deportivo.

Noticias relacionadas