julio 27, 2026

A Xunta resalta en Lugo la inversión de más de 3,5 M€ en la provincia desde 2018 en el marco de las políticas de retorno

Lugo, 15 de decembro de 2025

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe en Lugo no acto Interculturidade e inclusión. Políticas de Retorno en Lei de Extranxeiría. Durante o evento, Miranda destacou o modelo propio de retorno que desenvolve a Xunta a través da Estratexia Galicia Retorna, unha política pública que se caracteriza por ter “ferramentas propias, estrutura estable e resultados contrastados”.

Na súa intervención, o secretario xeral subliñou que “non falamos dun conxunto de axudas illadas, senón dun modelo que acompaña as persoas desde o momento que se propoñen a idea de regresar ata súa plena integración”. En 2024, 914 galegos retornaron á provincia de Lugo, consolidando así a tendencia á alza dos últimos anos.

Lugo como exemplo do impacto das políticas de retorno

Miranda destacou a provincia de Lugo como un exemplo claro do impacto destas políticas, tanto en termos demográficos como sociais e económicos. No ámbito das axudas extraordinarias ao retorno, Lugo pasou de ter 13 beneficiarios en 2018 a 133 en 2025, cun investimento que medrou de 23.150 euros a máis de 412.500 euros neste último exercicio. Desde 2018, mobilizáronse na provincia máis de 1,7 millóns de euros en diferentes liñas de apoio ao retorno.

O secretario xeral explicou que estas axudas “non son periódicas asistenciais, senón un colchón de estabilidade inicial que permite afrontar os primeiros gastos da volta, como a vivenda, a regularización administrativa ou a integración familiar”. Insistiu en que sen ese apoio inicial “moitos proxectos de vida de retorno terían moitas máis dificultades”.

A Oficina Integral do Retorno como pilar fundamental

Outro dos eixes centrais da intervención foi a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, que Miranda definiu como “a columna vertebral da política de retorno da Xunta”. No caso de Lugo, esta oficina pasou de atender apenas 20 consultas en 2019 a máis de 800 en 2025, cun notable incremento da atención presencial e itinerante, especialmente no medio rural.

Leer:  Interior Galego Vivo advierte sobre el grave deterioro de la N-540 y la N-120

“A diferenza doutras políticas, aquí non falamos só de información, senón de acompañamento real e continuado en ámbitos como o emprego, a educación, a sanidade ou a vivenda”, sinalou o secretario xeral. Recordou que a rede de oficinas do retorno atendeu xa máis de 32.000 familias en toda Galicia desde a súa posta en marcha.

Impulsando o talento novo e o emprendemento

No ámbito da captación de talento novo, Rodríguez Miranda destacou o papel das bolsas BEME, que permitiron que 149 mozos e mozas do exterior cursasen estudos no campus de Lugo desde 2018. Este programa é un exemplo claro do compromiso da Xunta co retorno e a integración dos galegos que decidiron regresar.

Ademais, o secretario xeral puxo en valor o retorno emprendedor, con máis de 60 proxectos apoiados na provincia desde 2018, a maioría deles vinculados ao rural. Destacou tamén programas de apoio complementario ao retorno emprendedor, como Merlo, que están orientados a facilitar a integración profesional de perfís con experiencia internacional.

Miranda reivindicou o retorno como “un dereito, vantaxe competitiva e unha ferramenta clave para afrontar o reto demográfico”. Subliñou que Galicia “fixo os deberes” con estratexia, orzamento, estrutura e resultados. Reclamou que o retorno teña tamén un reflexo a nivel estatal, co fin de lograr maior axilidade nos trámites, reforzo da rede consular e unha lei estable de nacionalidade.

“En Galicia o retorno non depende da sorte nin da vontade individual. Depende dunha política pública seria, estable e humana. Iso é o que fai a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración: converter o dereito a volver nun proxecto de vida viable”, finalizou.

Noticias relacionadas